Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco recibe ao Alcalde de Ferrol no día adicado a esta cidade nas festas do San Froilán


# Sábado, 08/10/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por membros da corporación municipal recibiron a unha delegación do Concello de Ferrol encabezada polo seu Alcalde, José Manuel Rey Varela. Este acto que simboliza o irmanamento entre ambas cidades e que se enmarca dentro das festas do San Froilán serve para estreitar os lazos e “debe ser visto como un exemplo do que debe ser a convivencia democrática” segundo remarcou López Orozco.

O Alcalde de Lugo quixo salientar que “é todo un orgullo poder poñer o Día de Ferrol nas nosas festas e agardamos seguir facendo moitos anos máis xa que pouco queda para que faga os 100 anos.”

López Orozco tamén se referiu aos tempos complicados que lles toca vivir aos concellos pero “os gobernos municipais estamos acostumados a ter dificultades pero aínda así, as nosas cidades cambiaron, medraron e melloraron.” O rexedor lucense rematou dicindo que “son optimista e sempre houbo momentos malos pero sempre saímos cara adiante así que estou convencido que chegarán momentos mellores para a cidadanía.”

Finalmente, López Orozco ofreceu “ a nosa colaboración independentemente das ideas políticas xa que o beneficio será para os nosos veciños e veciñas.”




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova