Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza novos cursos de formación en cinco telecentros rurais dentro do Proxecto europeo PARNET-tic


# Luns, 10/10/2011
Comezarán o día 17 e xa está aberto o prazo de inscrición que pode facerse chamando ao 010

Imaxe Asociada

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Francisco Fraga, organiza un novo programa de formación en novas tecnoloxías para a zona rural, que terá lugar a partir do vindeiro luns. As actividades de difusión e formación sobre as novas tecnoloxías enmárcanse no Proxecto europeo PARNET-tic, no que participa o Concello de Lugo, e comezarán o día 17 de outubro. Vanse celebrar nos telecentros rurais das parroquias de Bocamaos, Camoira, San Xoán do Alto, Ribas de Miño e Santa Comba.

O prazo de inscrición neste programa formativo xa está aberto, e para anotarse basta con chamar ao teléfono de atención cidadá 010 do Concello de Lugo ou ben ao 982 297 350 para chamadas que se fagan desde fóra do municipio.

O programa formativo ten por obxectivo iniciar aos usuarios e ás usuarias no uso da Internet e das novas tecnoloxías aplicadas ao uso cotián. É un programa dirixido a toda a cidadanía da zona rural, con actividades para os nenos, os pais, os maiores, as PEMEs e os agricultores.

Tamén se impartirá formación sobre o funcionamento de catro aplicacións informáticas postas en marcha con este proxecto: Sistema de Localización e Información Xeoreferenciada, Plataforma de SMS, Plataforma de Información Xeorefenciada do Punto Limpo e Sistema de Consultas. Estas aplicacións ofertarán novos servizos aos cidadáns do rural e crearán unha canle de comunicación áxil e efectiva entre a cidadanía, as empresas e o Concello.

Programación dos cursos nos telecentros rurais

No telecentro de Bocamaos as actividades terán lugar os vindeiros días 17, 18 e 19 de outubro en horario de 19.00 a 21.00 horas, mentres que no telecentro de Camoira serán os días 20, 21 e 24 de outubro, de 19.00 a 21.00 horas.

Por outro lado, os próximos días 25, 26 e 27 de outubro, empezan as actividades no telecentro rural de San Xoán do Alto. Neste telecentro haberá actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos en horario de 17.00 a 19.00 horas e as actividades para adultos serán de 19.00 a 21.00 horas.

A formación de novas tecnoloxías comezará 2, 3 e 4 de novembro no telecentro rural de Ribas de Miño de 19.00 a 21.00 horas, e no telecentro de Santa Comba terá lugar os días 7, 8 e 9 de novembro en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Coñeza a rede de telecentros rurais do Concello de Lugo.






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova