Imprimir

FRANCISCO FRAGA ANUNCIOU A APERTURA DO PRAZO PARA A INSCRICIÓN NOS CURSOS DE MICOLOXÍA 2011


11/10/2011 Os cursos teórico-prácticos, que se desenrolarán no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, serán de nivel básico e de perfeccionamento

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, acompañado de Eduardo Vidal Baamonde, Director Xeral do CETAL, e de Julían Alonso Díaz, Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus e Coordinador do proxecto micolóxico AMIGA presentaron o curso teórico e práctico de Micoloxía 2011.

Francisco Fraga explicou que “é un curso moi demandado xa que antes de crear esta edición a xente xa nos preguntaba por ela” e incidiu en “que dende o Concello debemos seguir apostando por outros produtos da terra como pode ser a micoloxía xa que hai moita xente que a practica de forma profesional ou no seu tempo libre”

Os cursos, que se imparten no Salón de Actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, son de nivel básico e de perfeccionamento. No primeiro dos casos desenrolarase dende o día 17 ata o 23 de outubro en horario de 20.00 horas a 21.30 horas. O de perfeccionamento, será dende o día 24 de outubro ata o 30 de outubro e no mesmo horario, dende as 20.00 horas ata as 21.30 horas. As clases prácticas con saída ao campo son de 10 a 14 horas os días 22 e 23 para os de iniciación e o 29 e 30 para os do curso de perfeccionamento. O número total de prazas é de 60.

O Concelleiro de Servizos Xerais manifestou que “os cidadáns poderán facer a súa matrícula a través do 010 ou da OMIC, situada na Ronda da Muralla 179” .