Imprimir

LÓPEZ OROZCO PARTICIPA NOS ACTOS DO DÍA DA GARDA CIVIL EN LUGO


12/10/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por Luis Álvarez, Concelleiro de Urbanismo, asistiu aos actos organizados pola Garda Civil con motivo do Día do Pilar, a festividade da Patrona do Corpo, en Lugo.

Trala misa celebrada na Parroquia de San Francisco Javier, tivo lugar o acto institucional no Cuartel da Garda Civil no que participaron,o Subdelegado do Goberno, o Tenente Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil, Gonzalo Borrás Formoso, o Presidente da Deputación de Lugo, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia, o Delegado de Defensa, así como outras autoridades e representantes da Garda Civil.

No acto castrense procedeuse á imposición de condecoracións a aqueles gardas civís que se distinguiron ao longo do ano. Ademais, realizouse unha homenaxe ao Garda Civil retirado máis veterano.