Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao califica de "éxito" as novas apostas do San Froilán deste ano


# Xoves, 13/10/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O tenente alcalde e responsable de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua destaca a “variedade, calidade e cantidade” do programa, que incluíu máis de 150 actividades de todo tipo e 40 concertos e actuacións musicais

Bao afirma que “un dos grandes logros foi a programación de rúa, que permitiu que toda a cidade vivira intensamente a festa todos os días”

Balance moi positivo das festas do San Froilán deste ano. O tenente alcalde e concelleiro de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, afirmou que foron unhas festas “espléndidas e non só polo sol e o bo tempo”. Bao destacou a “variedade, calidade e cantidade” do programa das festas deste ano, onde “houbo actuacións de todo tipo, de todos os estilos e para todos os gustos”, asegurou Bao.

O concelleiro nacionalista salientou o “éxito” das novas apostas do San Froilán deste ano, como o escenario de Campo Castelo, repleto de actividades de contacontos, maxia, humor e música todos os días; a nova ubicación do San Froilán adicado aos nenos nos xardíns da Deputación ou o novo emprazamento da feira medieval na Praza da Soidade. Bao tamén destacou feitos como a recuperación dos cabezudos, o maior protagonismo da Banda Municipal, que se reforzou para as festas, ou a apertura de portas da muralla a cargo de compañías de teatro da cidade. Todas estas, dixo Bao, foron actividades que funcionaron moi ben e que se consolidarán no programa do vindeiro ano, anunciou.

Bao tamén afirmou que “un dos logros da festa deste ano foi a programación e a animación de rúa, moi numerosa e que permitiu que toda a cidade, dende o centro ata os barrios, vivira intensamente a festa todos os días”. O concelleiro nacionalista destacou que en total houbo máis de 150 actividades de todo tipo no programa deste ano, entre elas máis de 40 concertos e actuacións musicais.

En canto á programación musical o concelleiro de Cultura citou concertos como o de Budiño e Kepa Junkera, o de Treixadura, o de Lucía Pérez ou o de Manel, que conseguiron atraer a Lugo a numeroso público chegado doutros lugares da xeografía galega. Tamén se referiu a “importantísima presenza de grupos de Lugo”, que tocaron en moitos casos como teloneiros dos grupos importantes.

Gastáronse 80.000 euros menos

Antón Bao explicou tamén que “o Concello cumpriu tamén co obxectivo de austeridade que nos marcamos ao comezo de facer unhas moi boas festas con menos cartos”. O orzamento total das festas deste ano rondou os 765.000 euros, é dicir, logrouse un aforro duns 80.000 euros con respecto ao ano pasado.

O responsable de Cultura agradeceu a axuda dos patrocinadores deste ano (a área de Cultura da Deputación, NovaCaixaGalicia, Estrella Galicia, Gadis, CocaCola, Monbús, Frisaqués, Calfensa, Aceites Abril e Asogal) e insistiu en que a idea para o vindeiro ano é seguir incrementando a listaxe de empresas e institucións que colaboran coas festas.

Calcúlase que houbo uns 1.500 manteiros este ano na cidade

Antón Bao tamén se referiu, a preguntas dos xornalistas, ao fenómeno dos manteiros. O responsable de Cultura dixo que os cálculos da Policía cifran en 1.500 o número de vendedores ambulantes que houbo estes días en Lugo e apelou ás “enormes dificultades” que entraña esta situación. Insistiu, con todo, en que este ano adoptáronse unha serie de medidas para lograr que o casco histórico estivera despexado para facilitar o tránsito de persoas “e iso logrouse”, dixo Bao, que quixo agradecer a labor e o traballo tanto da Policía Local como da Policía Nacional nesta tarefa. “Foi o ano no que máis policía se puido ver pola rúa”, asegurou.

De cara ao vindeiro ano, adiantou, seguiranse tomando medidas para controlar a situación dos vendedores ambulantes “dentro da legalidade e do respecto aos dereitos humanos”, defendeu. Tamén dixo que se estudarán posibles cambios no feiral, tendo en conta o remate da concesión dos distintos postos, que deberá renovarse o vindeiro ano.


www.sanfroilan.info

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova