Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco mantivo unha reunión cos alcaldes do partido xudicial de Lugo para rematar a expropiación do antigo cárcere


# Venres, 14/10/2011
Hoxe fíxose entrega da cantidade que estaba pendente de pago e que se contabiliza en 677.538 euros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo unha xuntanza con parte dos alcaldes dos concellos que forman o partido xudicial de Lugo para facer o pago do prezo fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia para a expropiación do antigo cárcere de Lugo. O importe desta pago da diferenza do prezo xusto ascende á cantidade de 677.538,50 euros. Na reunión, López Orozco, entregoulles os cheques correspondentes aos alcaldes de Castro de Rei, de Guntín, de Outeiro de Rei e de Pol que foron os que estiveron presentes. O resto dos concellos optaron por unha transferencia bancaria.

A asignación que lle corresponde a cada concello é segundo a porcentaxe de propiedade que tiña, desta maneira, ao Concello de O Corgo que era dono do 10,7% correspóndelle 105.054,53 euros. No caso do Concello de Castroverde, que tiña en propiedade un 9,01% correspóndelle un pago de 88.254,73 euros, da mesma maneira que aos Concellos de Castro de Rei cun 11,21% e o de Friol cun 13,82% que lles corresponden 109.852,16 euros e 135.450,29 euros respectivamente. O Concello e Guntín que tiña en propiedade o 8,84% recibe 86.682,91 euros pola expropiación. A cantidade de 79.520,07 euros é o que lle corresponde ao Concello de Outeiro de Rei por ser dono do 8,11% e ao Concello de Pol son 72.777,81 euros por ter en propiedade o 7,43%.

López Orozco explicou que “hoxe fixemos unha parte moi importante para facernos coa titularidade completa do vello cárcere xa que se fixo o pago a todos os concellos, non só co diñeiro co que nós expropiamos senón tamén co que nos impuxo o Xurado de Expropiación”.

O Alcalde de Lugo tamén salientou a súa alegría xa que “con este acto conclúense anos de traballo e negociacións e penso que todos os concellos quedamos satisfeitos” indicando que “o máis importante é que hai un proxecto para o vello cárcere que xa está adxudicado e o que será un edificio que ofreza un servizo público a todos os veciños da cidade.”


Proxecto cultural no Vello Cárcere
Este proxecto, que está cofinanciado nun 70% con fondos FEDER da Unión Europea, do Plan Urban conta cun presuposto total de 5,7 millóns de euros repartidos en dúas fases e que darán comezo a finais deste ano cun prazo de execución de 14 meses.

Este edificio destinarase a un centro cultural, polivalente que sirva principalmente para os artistas novos de Lugo, con moitas salas de exposicións e salas de ensaio para grupos teatrais. O Concello de Lugo tamén quere favorecer a implantación de empresas culturais na nosa cidade, por eso, tamén terán un espazo para empresas novas do sector cultural ou audiovisual que se creen en Lugo e tamén para asociacións; ademais de contar cun pequeno auditorio.


www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova