Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Case 300 emprendedores recibiron asesoramento no que vai de ano no CEI-Nodus o que facilitou a constitución de 63 empresas e a creación de 84 postos de traballo en Lugo


# Venres, 14/10/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde destacou o labor que leva a cabo o CEI para a creación de empresas e o fomento do emprego, nun encontro con estudantes do IES Lucus Augusti que participaron nunha xornada sobre emprendemento

O viveiro municipal de emprego alberga 16 empresas que dan traballo a 37 lucenses




Case 300 emprendedores recibiron, no que vai de ano, asesoramento para constituír empresas grazas ó Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo, a través do Centro de Empresas e Innovación.

Segundo informou hoxe o Alcalde, José López Orozco, desque comezou o ano o Concello asesorou a 291 emprendedores nas súas instalacións do CEI-Nodus e, froito deste apoio, constituíronse 63 empresas que crearon na cidade 84 postos de traballo. O Alcalde tamén explicou que no viveiro do CEI operan 16 empresas que dan traballo a 37 veciños e veciñas de Lugo.

O Alcalde manifestou que “o Concello está sempre ó lado daqueles que teñen unha idea que poida xenerar emprego e para iso temos estas instalacións e persoas preparadas para darlles formación”. López Orozco engadiu que “esta é unha parte importante da nosa labor” e sinalou que “desde o Concello queremos contribuír a que todo aquel que teña unha idea empresarial poida ter acubillo nestas instalacións e tamén temos a intención de ampliar o apoio que prestamos ós emprendedores coa creación de viveiros de naves, para o que xa temos encargado o anteproxecto”.

O Alcalde fixo estas declaracións nunha visita que efectuou esta mañá, acompañado pola Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, ós alumnos de 3º e 4º da ESO do IES Lucus Augusti que participaron nunha xornada organizada polo CEI-Nodus para difundir a cultura emprendedora.

Os estudantes tamén tiveron ocasión de coñecer o labor que desenvolve o Espazo Lab. Proximamente participarán nunha xornada semellante alumnos doutro centro de Mondoñedo. Nos últimos tres anos participaron neste programa de difusión da cultura emprendedora máis de 700 escolares de centros escolares de Lugo e doutros concellos da provincia.

cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova