Cargando....
Concello de Lugo
29/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe celebrouse unha reunión do Foro de Igualdade para crear o III Plan de Igualdade


# Venres, 14/10/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presidiu unha a reunión do Foro de Igualdade que ten como finalidade a posta en marcha de políticas igualitarias e a creación do III Plan de Igualdade do Concello de Lugo. Na xuntanza, na que houbo representación de asociacións de mulleres, de asociacións de discapacitados, de sindicatos e de partidos políticos, serviu para recoller achegas de todos os colectivos para a creación das accións que se van incluír no III Plan de Igualdade.

Carmen Basadre explicou que “nesta reunión analizamos a situación actual da muller e a falta de implicación dos homes, algo que tamén se bota de menos no propio Foro” e engadiu que a finalidade destas xuntanzas é “activar e mobilizar á sociedade lucense para crear grupos de traballo a todos os niveis para que se impliquen en crear unha sociedade máis igualitaria e conseguir a tolerancia cero coa violencia machista.”

A Concelleira lucense tamén explicou que no CEI existe un servizo de asesoramento para aquelas empresas que queiran crear un Plan de Igualdade. Neste Foro tamén se elaborou un comunicado en contra dos asasinatos producidos pola violencia machista.

www.lugo.es/ws/casadamuller

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova