Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Abre as portas a 2º Feira Outlet de comerciantes só da cidade de Lugo con descontos de ata o 70%


# Venres, 14/10/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
López Orozco e Gómez Besteiro inauguraron a única feira outlet no centro da capital que permanecerá ata o domingo na praza Anxo Fernández Gómez, o mesmo lugar onde se celebrou Artesanfroilán que vén de acadar un volume de negocio de 84.000 euros

O Alcalde agradeceu ós autónomos o seu esforzo por facerlle fronte ás dificultades económicas

O Presidente salienta que o 30% dos autónomos que se adican ó comercio concéntrase no municipio lugués. Deputación e Concello de Lugo tiñamos que sumar esforzos en impulso dun sector piar da nosa economía co Plan Urban, a Gala Muralla Moda ou a 2º Feira Outlet

23 profesionais da cidade poñen á venda antes ca ningún outro comerciante de fóra da provincia pezas de zapatería, téxtil, xoiería, mercería, óptica, droguería, lencería, fogar, pel, complementos ou agasallos logo e acadar beneficios de 100.000 euros na 1º convocatoria


O Alcalde, José López Orozco, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo, Nora Real, inauguraron este venres a 2º Feira Outlet. É a iniciativa da asociación de autónomas que acolleron o Concello e a Deputación, permitindo que comerciantes exclusivamente da capital poñan á venda na cidade e antes da ningún outro profesional de fóra da provincia os seus stocks con descontos de entre o 50% e o 70%.

O Alcalde felicitou ó colectivo de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo pola celebración desta feira, xa que “así é como se afrontan as dificultades, tomando a iniciativa e dando a cara”, dixo López Orozco, que amosou o seu desexo de que “o domingo, cando acabe a feira, non vos quede ningunha mercadoría sen vender”.

Gómez Besteiro salientou que “o 30% dos autónomos da provincia que se adican ó comercio concéntrase no municipio lugués. Con estes datos na man, Deputación e Concello de Lugo tiñamos que sumar esforzos en impulso dun sector piar para a economía lucense. E así o fixemos dende o 1º momento. Comezamos co Plan Urban para o que soubemos captar fondos da Unión Europea que nos permitiron levar a cabo melloras nos establecementos do Casco Histórico da cidade por valor de 620.000 euros. Seguimos coa organización anual da Gala Muralla de Moda na que participan máis de medio cento de profesionais que poñen en valor e promocionan no exterior a súa actividade. E puxemos punto e seguido a nosa actividade conxunta, atendendo a proposta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais e facendo posible unha 1º Feira Outlet na que os nosos profesionais acadaron, en só 3 días, beneficios superiores ós 100.000 euros”.

A única feira no centro da cidade
A céntrica praza Anxo Fernández Gómez acolle dende hoxe e ata o domingo a única feira outlet que se celebra no centro da capital. Optimizando recursos, Deputación e Concello de Lugo aproveitan o feito de que na zona se atopa a carpa instalada con motivo da última edición de Artesanfroilán que acadou un volume de negocio de 84.000 euros para celebrar agora esta mostra.

23 comerciantes lucenses poñen á venda variadas pezas de zapatería, téxtil, xoiería, mercería, óptica, droguería, bisutería, lencería, fogar, pel, complementos ou agasallos. Os profesionais participantes son os seguintes: Clamar Regalos, Droguería Romai, Abegonza, Casa Alvarinho, Stela, Chic, El Duendecillo, Lilas, INPE, Dick&Paul, Opticalia Callao, CVP Regalos, Joyería Senén, Briti, Chiqui, Rocha´s, Sainkho, Ana Complementos, Óptica de la Torre, Local 12, Messalina e Joyería Torques.

A feira estará aberta de 16:30 ás 22:00 horas o venres; e de 11:00 ás 14:30 horas e de 16:30 ás 22:00 horas, sábado e domingo.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova