Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez participa na inauguración do Seminario Internacional Cidade e Identidade (ICOR)


# Venres, 14/10/2011


Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, participou na inauguración do Seminario Internacional ICOR que organiza o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Lugo e que conta co apoio do Concello a través do Plan Urban.

Un dos traballos que se vai realizar será un laboratorio para mellorar o aspecto exterior de determinados edificios e devolverlles o seu esplendor, traballando na definición das cores adecuadas para o seu entorno, realizándose unha proposta de intervención para cada unha das fachadas e incluíndo un alzado do edificio con medicións e presuposto.

Sonia Méndez explicou que “é moi importante que o traballo que se vai levar a cabo cos laboratorios de investigación da cor xa que se estudará os edificios dunha zona moi concreta do centro histórico, o ensanche interior do século XX que corresponden coas rúas Montevideo, Bolaño Rivadeneira e Quiroga Ballesteros”. Estes edificios destacan polo seu gran valor arquitectónico de estilo racionalista ou prerracionalista que merecen ser recuperados.

O programa ICor céntrase nun aspecto esencial da rehabilitación de edificios como é a análise do código cromático, das cores, dos edificios do centro histórico. As dúas entidades, Colexio e Concello teñen interese na mellora da imaxe da cidade, na mellora do paisaxe urbán e, en concreto, nas cores dos edificios, tan importantes na definición da identidade. Esta actividade organizada polo Colexio estará formada por un Seminario Internacional de Cor, aberto ao público, que comezaba hoxe no que participarán restauradores, historiadores, arquitectos e incluso empresas de pinturas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova