Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O martes comezan as obras na Ronda de Fingoi


# Luns, 17/10/2011
A Ronda de Fingoi sufrirá cortes no tráfico de vehículos, pero o bus urbano non se verá afectado nos seus percorridos habituais.

A Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 coordina xunto coa empresa encargada das obras e Policía Local o plan para minimizar as molestias aos veciños.

A web da Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 manterá información anovada diariamente sobre os cortes de tráfico e os itinerarios alternativos propostos.



As obras na Ronda de Fingoi comezarán no cruce coa Rúa Armórica este martes día 18, en dirección Pintor Corredoira. A concelleira delegada da área de Infraestruturas e Axenda 21, Paz Abraira, adiantou que desde a concellería que ela dirixe terase especial preocupación por que as obras que se realicen as molestias aos veciños sexan mínimas. Procurarase que os veciños conten coa maior información previa posible coa finalidade de poder planificar itinerarios alternativos aos habituais de ser necesario, polo que ademais de informar polos medios de comunicación a web da Concellería manterá información sobre os diferentes cortes.

O mesmo martes 18 prevense cortes no cruce mencionado (Ronda Fingoi con Rúa Armórica), Segundo avancen as obras outros puntos conflitivos serán en primeiro lugar o cruce con Aviación Española e, en segundo lugar, o cruce con Pintor Corredoira. No primeiro paso habilitarase dobre sentido da circulación polo carril da Ronda de Fingoi non afectado polas obras. No segundo caso prevese o apoio da policía local para reconducir o tráfico.

Os traballos consistirán no fresado e renovación do firme nos dous carrís da marxe dereita en sentido descendente, dende o cruce coa Rúa Armórica ata Pintor Corredoira. O prazo de execución desta obra é de tres meses e o orzamento de 235.000 euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova