Imprimir

HOXE DAN COMEZO OS CURSOS DE INFORMÁTICA NO TELECENTRO DE BOCAMAOS


17/10/2011 As actividades están organizadas pola Concellería de Servizos Xerais

Hoxe comeza, no telecentro rural de Bocamaos, o novo programa formativo que pon en marcha o Concello de Lugo e que se levarán a cabo nas parroquias de Camoira, San Xoán do Alto, Ribas de Miño e Santa Comba. As actividades de difusión e formación sobre as novas tecnoloxías enmárcanse no Proxecto europeo PARNET-tic.

Desta maneira, os cursos teñen o seguinte horario: no telecentro de Bocamaos as actividades terán lugar os días 17, 18 e 19 de outubro en horario de 19.00 a 21.00 horas, mentres que no telecentro de Camoira serán os días 20, 21 e 24 de outubro, de 19.00 a 21.00 horas.

Por outro lado, os próximos días 25, 26 e 27 de outubro, empezan as actividades no telecentro rural de San Xoán do Alto. Neste telecentro haberá actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos en horario de 17.00 a 19.00 horas e as actividades para adultos serán de 19.00 a 21.00 horas.

A formación de novas tecnoloxías comezará 2, 3 e 4 de novembro no telecentro rural de Ribas de Miño de 19.00 a 21.00 horas, e no telecentro de Santa Comba terá lugar os días 7, 8 e 9 de novembro en horario de 19.00 a 21.00 horas.

O programa formativo ten por obxectivo iniciar aos usuarios e ás usuarias no uso da Internet e das novas tecnoloxías aplicadas ao uso cotián. É un programa dirixido a toda a cidadanía da zona rural, con actividades para os nenos, os pais, os maiores, as PEMEs e os agricultores.

Tamén se impartirá formación sobre o funcionamento de catro aplicacións informáticas postas en marcha con este proxecto: Sistema de Localización e Información Xeoreferenciada, Plataforma de SMS, Plataforma de Información Xeorefenciada do Punto Limpo e Sistema de Consultas.

Coñeza a rede de telecentros rurais do Concello de Lugo.