Imprimir

HOXE COMEZA O CURSO DE MICOLOXÍA 2011 DE NIVEL BÁSICO


17/10/2011

Hoxe comeza o Curso de Micoloxía 2011 para nivel básico, organizado polo Concello de Lugo e a Sociedade Micolóxica Lucus. O curso, que se imparten no Salón de Actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, é de nivel básico e desenvolverase entre hoxe día 17 e o día 23 de outubro en horario de 20.00 horas a 21.30 horas.

O curso de perfeccionamento, será dende o día 24 de outubro ata o 30 de outubro e no mesmo horario, dende as 20.00 horas ata as 21.30 horas. As clases prácticas con saída ao campo son de 10 a 14 horas os días 22 e 23 para os de iniciación e o 29 e 30 para os do curso de perfeccionamento. O número total de prazas é de 60.

O monitor dos cursos é Julían Alonso Díaz, Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus e Coordinador do proxecto micolóxico AMIGA.

Máis información na presentación dos cursos.