Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os galardóns aos bares e restaurantes gañadores do Concurso de Tapas deste ano


# Luns, 17/10/2011
Entre o público participante na edición deste ano foron sorteadas estancias en hoteis, fins de semana en casas rurais, lotes de produtos, bonos termais e unha viaxe enolóxica

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O restaurante Paprica na categoría de Tapa Creativa e a Taberna do España na modalidade de Tapa Tradicional foron os primeiros clasificados na edición deste ano, na que tamén resultou premiada a Cervecería Lugo na categoría de mellor tapa con viño da Ribeira Sacra

Antón Bao califica de “enorme éxito” a edición deste ano, na que 42.000 persoas participaron no concurso, que xerou un volume económico de máis de 100.000 euros


O restaurante Paprica na categoría de tapa creativa e a Taberna do España na categoría de tapa tradicional recibiron hoxe de man do tenente alcalde e responsable de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, os galardóns que os acreditan como gañadores da sétima edición do Concurso de Tapas de Lugo.

No acto de entrega de premios, celebrado esta mañá no Concello, tamén foi galardoada a Cervecería Lugo dentro da modalidade de mellor tapa con viño da Ribeira Sacra e a Cafetería Xoldra, como vencedora do premio do público. Xunto a Antón Bao entregaron os premios o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, Cheché Real, e o resto de patrocinadores desta sétima edición do Concurso de Tapas de Lugo.

Antón Bao calificou de “enorme éxito” a edición deste ano, na que se serviron 42.000 tapas e se acadou un volume de negocio de máis de 100.000 euros por parte dos hostaleiros da cidade. Pola súa banda, o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería, Cheché Real, felicitou aos 40 establecementos participantes polo seu “esforzo para que este concurso fose un éxito un ano máis” e convidounos a seguir “mellorando día a día para facer de Lugo un lugar de excelencia gastronómica”.

Praia, Azafrán e Bosque Atlántico

A tapa gañadora na categoría de mellor tapa creativa foi a do restaurante Paprica, titulada Praia, azafrán e bosque atlántico, e que consistía en berberechos ao vapor con arroz inflado, aceite, azafrán e eneldo fresco cunha crema de nécoras e merluza, acompañado dunha infusión de piñeiro, loureiro e eucalipto preparada con anhídrido carbónico.

Na categoría de tapa tradicional o gañador foi A Taberna do España, que presentou a concurso un xarrete de tenreira cachena ecolóxica adobado no forno con verduras e viño da Ribeira Sacra, acompañado dunha salsa obtida de ligar viño, castañas e mazá salteada.

O xurado estivo formado pola votación popular das 42.000 persoas que probaron as tapas e depositaron os cupóns coa súa puntuación nos establecementos participantes e por prestixiosos gastrónomos e cociñeiros galegos.

Establecementos gañadores

Os establecementos elixidos tanto polo xurado como polo público como vencedores nas distintas categorías do concurso foron:

Tapa Creativa:
-Paprica
-Restaurante España

Tapa Tradicional
- Taberna do España
- As Muxicas do Xoldra

Votación popular:
-Premio Tapa Creativa San Froilán: Restaurante Paprica
-Premio Tapa Tradicional San Froilán: Cafetería Xoldra

Mencións especiais:
- Premio á Tapa que Mellor maride co viño D.O. Ribeira Sacra: Cervecería Lugo
- Premio á Tapa que Mellor use o xamón como ingrediente: Cervecería Lugo

Sorteo de agasallos para o público participante

No mesmo acto de entrega de premios celebrado esta mañá tamén se sortearon os agasallos para o público participante na edición deste ano. En total foron sorteados 20 premios consistentes en estancias en hoteis, fins de semana en casas de turismo rural, lotes de produtos, bonos termais e unha viaxe enolóxica entre os 42.000 participantes na edición deste ano. A entrega de agasallos terá lugar o vindeiro luns, día 24 ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

Listado de premiados no sorteo do VII Concurso de Tapas:
 
- premio de 1 xamón co xamoneiro:
María José Martínez Nodar (Lugo)
 
- lotes de viño de Ribeira Sacra:
Alberto Macho Ponte (A Coruña)
Susana Alvite Morado (Lugo)
Diego Rubio (Lugo)
 
- Unha viaxe de tipo enolóxico para dúas persoas:
José Javier Maciñeiras Arias (Lugo)
 
- Entradas para o Clube Termal do Gran Hotel:
Luis Carreira Fernández (Lugo)
Lourdes Ouro Regueira (Lugo)
Juan Marey Rodríguez (Lugo)
Eulogio Pagano Rosón (Lugo)
Óscar Lugrís Beteta (Lugo)
Iago Tejero Alonso (Lugo)
Óscar Orondo Rey (Lugo)
Mónica Rodríguez Castro (Lugo)
Rubén González Cereijo (Lugo)
José Óscar Rodríguez Losada (Lugo)
 
- Estancias de fin de semana no Hotel Husa Puerta de San Pedro
María José Enríquez García (Lugo)
Enrique Barreiro Sánchez (Friol)
Soledad Muiña Gómez (Lugo)
Emma Cancio del Río (Lugo)
  
- Unha estancia de fin de semana en aloxamento rural cortesía de Alenti
Berta Arias Arce (Lugo)

Máis información VII Concurso de Tapas

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova