Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participa na inauguración dun congreso sobre Dereito da libre competencia que organiza a Uned


# Luns, 17/10/2011


Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, inaugurou hoxe o congreso sobre Dereito da libre competencia como instrumento de progreso económico a favor das empresas e dos consumidores, organizado polo centro asociado da Uned de Lugo. No acto tamén participaron o director do Centro asociado da Uned de Lugo, José Luis Prieto Arroyo, o Delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, e os directores do congreso, Manuel Vázquez Pena e Alicia Arroyo Aparicio.

Na súa intervención, o Alcalde destacou a necesidade de poñer freo ós problemas de competencia desleal polas repercusións que teñen tanto para as empresas e os seus traballadores como para os propios consumidores. López Orozco tamén se referiu á dificultade que supón para as empresas competir nun mercado global con países que teñen unha lexislación que non protexe ós traballadores e considerou necesario “un acordo internacional para reconducir esa competencia desleal semellante ó acordo internacional sobre comercio que se asinou despois da segunda guerra mundial”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova