Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

González Abelleira anuncia a nova adxudicataria do servizo de atención no fogar


# Luns, 17/10/2011
A empresa Alalás ofrece 32.000 horas máis de atención aos 500 usuarios mensuais do servizo pasando de 116.000 a 148.000

Imaxe Asociada
O benestar social é unha prioridade polo que se aumentou o orzamento en 400.000 euros para poder ofrecer máis servizos aos usuarios

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, fixo público o nome da empresa que máis puntos acadou no concurso público para facerse cargo do servizo de axuda no fogar co que conta o Concello de Lugo. Desta maneira, Alalás obtivo a maior puntuación entre as 17 empresas que se presentaron para facerse cargo deste contrato que se adxudicou por un cantidade de 2.333.425 euros, o que supón un incremento de 400.000 euros con respecto ao anterior contrato.

Neste sentido, González Abelleira, salientou a “confianza que poñen en nós os empresarios xa que foi un número moi alto de empresas que se presentaron a un concurso no que se valorou o prezo e número de horas que ofrecían e a ampliación de servizos para os demandantes desta axuda.” Desta maneira, a nova empresa adxudicataria ofrece uns servizos máis amplos en xeriatría en xeral, en acompañamento, hixiene, fisioterapia, podoloxía e a inversión en axudas técnicas. O aumento notable do número de horas tamén é importante xa que en fisioterapia pasan de desfrutar de 1500 a 1800 horas e no caso do servizo de podoloxía pasan de 619 a 2100 horas anuais.

A Concelleira de Servizos Sociais, destacou que “o número de beneficiarios varía en función do mes pero a media está en 500 persoas que acceden ao servizo a través da Lei de Dependencia ou por libre concorrencia e aos que este aumento de servizos e de horas non lles vai supoñer un incremento nos coste aos usuarios” que se seguirá facendo segundo a capacidade económica do solicitante.

Ana González fixo referencia á importancia que ten o benestar social para o equipo de goberno de López Orozco salientando que “pasamos de ofrecer 116.000 horas a 148.000 horas de servizo en atención ao fogar para poder atender a un maior número de persoas” e incidindo en que “loitamos pola mellora do benestar dos nosos veciños e mantendo o compromiso de invertir máis en servizos sociais para facilitar a vida diaria de aqueles que teñen algún tipo de problema.”

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova