Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PRESIDE O ACTO DE TOMA DE POSESIÓN DE 15 NOVOS FUNCIONARIOS DA ESCALA DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS


18/10/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a toma de posesión de 15 novos auxiliares administrativos que a partir de mañá comezarán a súa labor como funcionarios públicos nos diferentes sectores do Concello de Lugo.

López Orozco deulles a benvida e animounos “a seguir estudando para medrar como persoa e dentro da escala administrativa”. Durante o acto, o rexedor lucense, destacou que “as administracións públicas sen funcionarios non serían nada e que no Concello de Lugo pódese presumir de ter extraordinarios traballadores sen os que non se entenderían o cambio na nosa cidade.”