O Concello súmase ós actos do día mundial contra o cancro de mama
# Mércores, 19/10/2011
Un grande lazo rosa foi instalado diante da Casa do Concello e outro lazo conmemorativo colgouse na fachada do Centro cívico Uxío Novoneyra
O Concello de Lugo sumouse hoxe ós actos conmemorativos do día mundial contra o cancro de mama organizados na nosa cidade pola Asociación de loita contra o cancro e o grupo El Progreso, coa colaboración de diversas institucións, como o Concello, e empresas privadas.
O Alcalde, José López Orozco, e outros membros da corporación participaron esta mañá na colocación dun grande lazo de cor rosa na praza Maior, diante da Casa do Concello. O acto rematou coa lectura dun manifesto a cargo da Presidenta da Asociación de loita contra o cancro, María Concepción de Martín Varela, e da Presidenta do grupo El Progreso, Blanca García Montenegro.
Nos actos tamén participaron a Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, e o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, ademais de membros da Asociación de loita contra o cancro e doutras entidades sociais da cidade.
O grande lazo colocado no chan da praza Maior está composto por 300 pequenos lazos de 40 centímetros de lonxitude.
O Concello tamén se sumou os actos deste día coa colocación doutro lazo rosa na fachada do Centro cívico Uxío Novoneyra.
Compartir: