Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aforrará preto de 70.000 euros coa contratación da subministración do material de papelería


# Mércores, 19/10/2011
A Xunta de Goberno aprobou tamén o nome de novas rúas en San Fiz e Albeiros e o cambio de numeración na Avenida Duquesa de Lugo

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno aprobou tamén na reunión desta mañá a asignación de nomes para novas rúas da cidade. Segundo detallou o tenente alcalde e concelleiro de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, trátase de diversas rúas de San Fiz, Albeiros e o casco histórico.

Así, a principal rúa que atravesa o novo polígono residencial de San Fiz, dende a Avenida de Madrid ata a fin da urbanización, levará o nome de Rúa Fonte da Bica, en referencia á toponimia existente nese lugar, que é sempre o primeiro criterio para a asignación de nome ás novas rúas, segundo explicou Antón Bao. O tenente alcalde tamén explicou que o nome doutras rúas xa existentes nesa mesma zona, como a Rúa Montirón, a Rúa das Artes ou o Paseo dos Estudantes amplíase como consecuencia da súa prolongación.

Tamén se acordou na Xunta de Goberno cambiar a numeración da rúa Paradai de Arriba, dende o número 23 ata o 45, que pasará a denominarse Avenida Duquesa de Lugo. O tenente alcalde indicou, neste sentido, que se está a traballar dende o servizo de Estatística do Concello para que este cambio de nomenclatura e numeración non supoma un problema para os veciños que viven nese entorno simplificando os trámites para os cambios de enderezo.

Bao tamén deu conta do nome oficial que terán as dúas novas escolas infantís municipais, a de Entre Carrís, que levará o nome de Gregorio Sanz, e a de San Fiz, que levará o de Luís Soto Menor. O tenente alcalde explicou que se trata de dous mestres vinculados ao ensino en Lugo na época da República e que sempre defenderon a necesidade do ensino público e loitaron por el.

No casco histórico, o espazo comprendido no lateral do edificio da Deputación Provincial ata os seus xardíns pasará a chamarse Carril dos Romanos, así como a última rotonda de saída da Avenida de Madrid pasará a denominarse Glorieta Víctimas do Terrorismo. Por último, o tramo que discorre paralelo á Rúa Fisterra pasará a chamarse Rúa Villisqueiras.


Aforro material de oficina

Por outro lado, a Xunta de Goberno acordou aprobar hoxe, segundo informa o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, o prego de condicións para a contratación do subministro de material de papelería mediante procedemento aberto. Este prego divídese en 3 lotes cos que o Concello agarda reducir aínda máis o gasto neste ámbito, o lote 1 é o formado para subministrar o papel para fotocopiadoras de tamaño A3 e A4 por un prezo máximo de 8.315 euros. O lote 2 está composto por material de papelería como carpetas, folios e sobres cun prezo máximo de 25.161 euros. O lote 3 é o composto por material de oficina non inventariable e que ten un prezo máximo de 35.990 euros polo que o contrato total ascende a 75.491 euros anuais con IVE incluído.

Neste sentido, Luis Álvarez, informou que “é a primeira vez que saen a concurso os lotes 1 e 2 polo que non temos comparativa pero no caso do lote 3, o Concello de Lugo aforrou case o 70% en comparación co ano 2010, esto é apostar polo aforro.” O anterior contrato, tiña unha previsión de gasto máximo de 110.000 euros anuais para o ano 2010 aínda que a cantidade total de gasto foi de 41.110, 76 euros.

O Concelleiro de Urbanismo salientou que “esto significa que o Concello de Lugo, aplicando as medidas de aforro necesarias como a contratación do servizo e a centralización do material, conseguiu rebaixar o consumo en papelería en preto do 70%, pero a previsión é aforrar máis.”

Zona Rural e Casco Histórico

A Xunta de Goberno Local tamén acordou aprobar o acordo da comisión bilateral para a 12º fase de Rehabilitación da zona histórica de Lugo asinado entre o IGVS, o Ministerio de Fomento e o Concello de Lugo. Neste caso, deuse o visto bo para o gasto dos 54.120 euros que a entidade municipal ten que presentar para a anualidade de 2011 e adoptar o compromiso de incluír nos presupostos 2012 e 2014 os importes de 54.120 e 255.840 euros respectivamente para dar cobertura ás obrigas de carácter económico que deriven da execución do convenio.

Da mesma maneira que se aceptou a actuación que vai a desenvolver a Consellería de Medio Rural no acondicionamento do camiño do cemiterio de San Froilán ata a parroquia de Esperante por un importe de 111.133,76 euros. O Concello de Lugo comprometeuse a poñer en disposición da Consellería os terreos necesarios para a execución das obras e asumir, unha vez rematadas, o mantemento e conservación das mesmas. Neste sentido, Luis Álvarez explicou que “se pediu a colaboración dos veciños para poder ampliar unha parte dese camiño e non tivemos ningún problema polo que esa parte correspóndennos arregala para que a Xunta leve a cabo a cobertura do asfalto na súa totalidade.”


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova