Imprimir

A EDICIÓN II PREMIOS GALICIA A LA GESTIÓN DEPORTIVA CONCÉDELLE UN GALARDÓN AO CONCELLO DE LUGO EN MATERIA DEPORTIVA


20/10/2011

O Concello de Lugo foi nomeado gañador na categoría Mellor Entidade Pública polo xurado do II Premios Galicia a la Gestión Deportiva e organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE).

Esta asociación remarcou o traballo desenrolado pola Área de Deportes do Concello de Lugo na colaboración en actividades deportivas e pola promoción do deporte galego. O acto de entrega de premios celebrarase mañá venres 21 de outubro no Salón do Club del Mar de San Amaro en A Coruña.