Imprimir

O LUNS DÍA 24 COMEZAN OBRAS DUN TRAMO DE FONTIÑAS POR MOR DA OBRA CIVIL NECESARIA PARA A CANALIZACIÓN DE GAS


20/10/2011 Trátase do tramo comprendido entre o cruce con San Eufrasio ata a plena incorporación ao cambio de calzada da Ronda das Fontiñas en dirección á Avda de Madrid

A Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 puxo en marcha o plan de coordinación coa Policía Local e a empresa adxudicataria para que as molestias á cidadanía sexan as menos posibles.


Ocuparase unha parte do carril de circulación da dereita máis próximo á beirarrúa, dirección Ronda das Fontiñas, intentado que conviva a circulación en ambos sentidos. Na segunda fase da obra o tramo que provén da Ronda das Fontiñas cara a Praza de Conde Fontao (a da Estación de Tren) sufrirá un pequeno desvío.

A información sobre este e outras incidencias está dispoñible na web da Concellería de Infraestruturas e Axenda 21.

O inicio das obras está previsto para o luns día 24 de outubro, cunha duración estimada das mesmas de 20 días laborais.