Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo realiza unha campaña informativa sobre os trámites online


# Xoves, 20/10/2011


Imaxe Asociada

O Concello de Lugo aposta unha vez máis polas novas tecnoloxías, por iso dende o servizo de información 010 vanse realizar diversas campañas informativas para que a cidadanía coñeza as vantaxes de realizar trámites online coa administración local, segundo informou o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga.

As campañas informativas que se levarán a cabo nos próximos meses serán para potenciar o uso do DNI Electrónico, a Carpeta Cidadá, a Administración Electrónica e a Tarxeta Cidadá no propio Concello. No primeiro dos casos está orientada a explicar os trámites que se poden realizar na oficina virtual do Concello de Lugo empregando o DNI electrónico, a descarga de drivers para o ordenador ou como solicitar o certificado dixital.

No caso da Carpeta Cidadá, tamén se porá toda a información para coñecer esta aplicación na que os cidadáns poderán consultar o estado dos recibos municipais, das multas e diversas xestións administrativas realizadas en dependencias municipais. No caso da campaña de información sobre a Administración Electrónica os interesados poderán ter máis datos para coñecer e empregar a oficina virtual do Concello. Sobre a Tarxeta Cidadá tamén está en marcha unha campaña para explicar a utilidade da mesma, como solicitala, como realizar o pago do sistema da zona ora, dos bonos das piscinas municipais ou do transporte urbano.

Todas estas campañas, que tratan de concienciar aos veciños e veciñas de Lugo no uso das novas tecnoloxías, realízanse vía alerta de mensaxes aos usuarios inscritos no servizo de mensaxería, así mesmo, indicar que dita campaña esta aberta a toda a poboación que así o solicite a través do teléfono 010 ou ben 982 297 350 para chamadas realizadas dende fora do municipio de Lugo. 

Máis información: Sede electrónica, Carpeta cidadá e Tarxeta Cidadá

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova