Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Arde Lucus recibe o premio a proxectos de promoción exterior da provincia de Lugo concedido pola Fundación CEL


# Xoves, 20/10/2011
O Alcalde recibiu o premio que recoñece o traballo, esforzo e participación de todo o pobo de Lugo nesta festa, declarada de Interese Turístico Galego, de mans do Presidente da Xunta

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu este xoves o premio concedido á festa do Arde Lucus pola Fundación CEL ó mellor proxecto de promoción exterior da provincia de Lugo. A entrega do galardón, consistente nunha estatua da Fundación CEL e un Diploma de Mérito, correu a cargo do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e tivo lugar esta noite durante a gala da XIII edición dos Premios da Fundación CEL.

O Alcalde agradeceu no nome da cidade a entrega deste recoñecemento ó Arde Lucus, unha festa que promoveu o Concello pero que acadou o grande éxito que ten grazas a que o protagonismo é de todos os lucenses hoxendía, xa que se involucran na súa organización todo tipo de asociacións, colexios e colectivos. López Orozco tamén tivo unha mención especial para a Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, que foi quen, nunha tormenta de ideas, aló polo ano 2000, propuxo a organización deste evento festivo que recrea o pasado romano da nosa cidade.

O galardón foille concedido ó Arde Lucus en recoñecemento ó traballo, esforzo e participación de todo o pobo de Lugo nesta festa, que xa ten a declaración de Interese Turístico de Galicia. O fallo do xurado destaca a importancia da “ festa, que se celebra en Lugo a finais do mes de xuño, e que revive o pasado romano e castrexo da cidade amurallada, tentando evocar a antiga Lucus Augusti do século II. A festa vai medrando ano tras ano, tanto no número de persoas caracterizadas coas vestimentas típicas da época coma no número de visitantes, chegando nas últimas edicións a roldar o medio millón de participantes. Sen dúbida, Arde Lucus vai camiño de converterse nun referente festivo nacional, supondo unha posta en valor sen precedentes do patrimonio cultural e social da cidade de Lugo, e un enorme e necesario impulso a sectores estratéxicos, como o turismo, o comercio e a hostalería”.

Na súa intervención, o Alcalde tamén felicitou ó resto dos gañadores dos decimoterceiros Premios da Fundación CEL porque demostraron co seu traballo un exemplar afán de superación, mesmo en temos de dificultades como os que vivimos. López Orozco tamén agradeceu o labor que desenvolven os emprendedores na dinamización da economía e na creación de postos de traballo, tan necesarios nestes tempos, e felicitou á Fundación CEL pola labor que leva a cabo.

www.ardelucus.com

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova