Cargando....
Concello de Lugo
17/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo para participar no concurso de adobíos florais do Cemiterio Municipal de Lugo


# Venres, 21/10/2011
Francisco Fraga anunciou a celebración de dúas charlas informativas sobre a paisaxística dos cemiterios e sobre a axuda psicolóxica en coidados paliativos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, anunciou que por primeira vez se vai celebrar un concurso de adobíos florais no Cemiterio Municipal San Froilán. A actividade, enmarcada na programación de actos para a celebración do día de Santos, agárdase “que sirva de homenaxe a todos e todas os veciños e veciñas que alí repousan e aproveitando que nestas datas son moitas as persoas que se achegan ao camposanto” segundo comentou Francisco Fraga.

O concurso está aberto a todas as persoas concesionarias de unidades de enterramento no Cemiterio Municipal de San Froilán e todos os interesados en participar pódeno facer inscribíndose no 010, nas oficinas municipais, a través da páxina web ou no propio cemiterio, o prazo de inscrición está aberto ata o día 1 de novembro ás 16:00 horas. Establécense dúas categorías de premios, a primeira de “Sepulturas e Mausoleos” cun premio de 150 para o gañador e de 100 para o finalista, e a categoría de “Nichos” premiados con 75 euros para o gañador e 50 para o finalista.

O fallo do xurado terá lugar o día 2 de novembro ás 11:00 horas no Cemiterio Municipal e o xurado valorará a creatividade, imaxinación e sintonía da ornamentación co contorno.

Formulario de inscrición ao concurso

Conferencias informativas

O Concelleiro de Servizos Xerais tamén apuntou dentro dos actos do Día de Santos, a celebración de dúas conferencias que terán lugar ao longo do mes de novembro. A primeira delas titulada A Paisaxe dos Cemiterios será o 11 de novembro ás 19:30 horas en Maxisterio e o seu relator será o profesor de Historia da Arte, Federico L. Silvestre. A seguinte conferencia titulada Coidados Paliativos: Como dar apoio a quen coida terá lugar o 23 de novembro ás 19:30 horas no salón de actos do Centro Uxío Novoneyra. Nela o médico de coidados paliativos no HULA, Iñaki Garaigorta Erenguren, explicará cales son as mellores terapias psicolóxicas para os coidadores de pacientes paliativos.

Coñeza o Cemiterio Municipal San Froilán

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova