Imprimir

HOXE COÑECÉRONSE O NOME DOS GAÑADORES EN DOUS CERTAMES DE IGUALDADE


21/10/2011

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, formou parte do xurado que esta mañá seleccionou as obras gañadoras de dous certames, un de carteis e outro de fotografía, organizados pola súa área.

No caso do II Certame de fotografía Revelando o Machismo, presentáronse 16 traballos chegados de diferentes puntos de España que trataban de plasmar en imaxes a desigualdade entre homes e mulleres e o sexismo. Nesta categoría o gañador foi unha fotografía do alacantino Manuel López Francés, que leva como título ¿¿Compra para todos??. O premio dotado con 600 euros e un agasallo.

No caso do concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero presentáronse 12 carteis, todos da cidade e nos que se valorou sobre todo o impacto do lema que contén. Ademais servirá como cartel da Xornada contra a Violencia de Xénero que se celebra no mes de novembro e como campaña de sensibilización e difusión en materia de prevención. A obra gañadora é de Sara Silvar Leira e leva por título Mulleres Libres!!. O premio está dotada con 600 euros e un agasallo.

Certames e concursos do Concello de Lugo