Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Sorteadas estancias en hoteis, bonos termais, lotes de produtos e unha viaxe entre os participantes no Concurso de Tapas deste ano


# Luns, 24/10/2011
Os gañadores recibiron esta tarde os premios no Concello nun acto no que participou o tenente alcalde, o presidente da Asociación de Hostelería e o resto de patrocinadores

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Antón Bao califica de “enorme éxito” a edición deste ano, na que 42.000 persoas participaron no concurso, que xerou un volume económico de máis de 100.000 euros

Vinte participantes na edición deste ano do Concurso de Tapas recibiron hoxe de man do tenente alcalde e responsable de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, os agasallos por ter participado no concurso. En total foron sorteados 20 premios consistentes en estancias en hoteis, fins de semana en casas de turismo rural, lotes de produtos, bonos termais e unha viaxe enolóxica pola Ribeira Sacra valorada en 1.200 euros. Os premiados foron escollidos mediante sorteo de entre as 42.000 persoas que este ano probaron as tapas nos 40 establecementos inscritos e depositaron nas corespondentes urnas o cartón coa súa puntuación.

No acto de entrega de premios, celebrado esta tarde no Concello, coa presenza do presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelaría, Cheché Real, e o resto de patrocinadores desta sétima edición do Concurso de Tapas de Lugo (o presidente do Consello Regulador da Ribeira Sacra, os directores do Gran Hotel e do Hotel Husa Porta de San Pedro e o xerente da empresa Alenti), o concelleiro de Cultura e Turismo, o nacionalista Antón Bao, dixo que a edición deste ano deixa nos organizadores “moi bo sabor de boca”.

Antón Bao calificou de “enorme éxito” a edición deste ano, na que se serviron 42.000 tapas e se acadou un volume de negocio de máis de 100.000 euros por parte dos hostaleiros da cidade. Pola súa banda, o presidente da Asociación de Empresarios de Hostelería, Cheché Real, felicitou aos 40 establecementos participantes polo seu “esforzo para que este concurso fose un éxito un ano máis” e convidounos a seguir “mellorando día a día para facer de Lugo un lugar de excelencia gastronómica”.

Listado de premiados no sorteo do VII Concurso de Tapas
 
- premio de 1 xamón co xamoneiro:
María José Martínez Nodar (Lugo)
 
- lotes de viño de Ribeira Sacra:
Alberto Macho Ponte (A Coruña)
Susana Alvite Morado (Lugo)
Diego Rubio (Lugo)
 
- Unha viaxe de tipo enolóxico para dúas persoas:
José Javier Maciñeiras Arias (Lugo)
 
- Entradas para o Clube Termal do Gran Hotel:
Luis Carreira Fernández (Lugo)
Lourdes Ouro Regueira (Lugo)
Juan Marey Rodríguez (Lugo)
Eulogio Pagano Rosón (Lugo)
Óscar Lugrís Beteta (Lugo)
Iago Tejero Alonso (Lugo)
Óscar Orondo Rey (Lugo)
Mónica Rodríguez Castro (Lugo)
Rubén González Cereijo (Lugo)
José Óscar Rodríguez Losada (Lugo)
 
- Estancias de fin de semana no Hotel Husa Puerta de San Pedro
María José Enríquez García (Lugo)
Enrique Barreiro Sánchez (Friol)
Soledad Muiña Gómez (Lugo)
Emma Cancio del Río (Lugo)
  
- Unha estancia de fin de semana en aloxamento rural cortesía de Alenti
Berta Arias Arce (Lugo)


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova