Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo para matricularse nos cursos de formación que se celebran no mes de novembro no telecentro do Castiñeiro


# Martes, 25/10/2011


Imaxe Asociada
A Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, que dirixe Francisco Fraga, abriu o prazo para inscribirse nos cursos que se celebrarán durante o mes de novembro no Telecentro do Castiñeiro. Para anotarse basta con chamar ao teléfono de atención cidadá 010 do Concello de Lugo ou ben ao 982 297 350 para chamadas que se fagan desde fóra do municipio.

Neste telecentro haberá os seguintes cursos: Iníciate ao mundo da informática; Procesador de textos; Navega por Internet, redes sociais e xestiona o teu e-mail; Elaboración de páxinas web; e Creación dun blog. Ademais haberá un espazo de aula aberta, para aclaración de dúbidas e materia personalizada.

As actividades no Telecentro do Castiñeiro están a ter éxito, posto que na maioría dos cursos os 15 ordenadores sempre están ocupados. Na Aula Multimedia do Castiñeiro séguese levando a cabo unha programación formativa dirixida a toda a poboación e da que xa se beneficiaron no último ano máis de 850 persoas, que se inscribiron nos distintos cursos que se ofertaron neste telecentro, por exemplo sobre iniciación á informática, Internet ou redes sociais. Os beneficiarios destes cursos foron, sobre todo, xente con idades comprendidas entre os 45 e 75 anos e nenos.

Ademais destes cursos que se realizarán no Telecentro do Castiñeiro, estanse a celebrar cursos de informática nos telecentros rurais. Con iniciativas como estas, o Concello pretende seguir achegando a todos os veciños e veciñas de Lugo o uso das Novas Tecnoloxías.

Coñeza a Aula Multimedia do Castiñeiro



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova