Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan as visitas ao CEI para promover a cultura emprendedora entre os universitarios lucenses


# Martes, 25/10/2011


O CEI-Nodus continúa a traballar e difundir a necesidade de crear unha cultura emprendedora na sociedade. Desta maneira, continúa coas visitas para estudantes, neste caso universitarios, aos que se lles explicará os recursos dos que dispoñen no Concello de Lugo para emprender novas actividades económicas.

Así, mañá mércores 26 de outubro entre as 17 e 19 horas, 50 alumnos da facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, coñeceran as instalacións do Cei-Nodus e o Espazo-Lab e nos que se lles explicará a necesidade de crear unha sociedade con cultura emprendedora.

Nos mesmos termos, o próximo 2 de novembro outro grupo de 50 alumnos da Escola Politécnica e de Administración e Dirección de Empresas, en horario de 9 a 11 horas, realizarán a mesma visita nas instalacións municipais.

Dende a Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos apostouse por inculcar a cultura emprendedora entre os lucenses xa que se postula como unha das medidas para a creación de emprego.

cei.lugo.es

www.lugo.es/espazolab

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova