Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Veciños de Benade participan hoxe no programa Km0


# Martes, 25/10/2011
O Concelleiro de Zona Rural e a Deputada de Economía reciben ós 55 veciños de Benade que hoxe visitan Cervo e San Cibrao

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín, acompañou hoxe á Deputada de Economía Recadación e Facenda, Pilar García Porto, na recepción a 55 membros da Asociación de veciños de Benade que hoxe participan no programa KM0, da Deputación provincial

Grazas a este programa da Deputación provincial, os veciños de Benade realizan a ruta do Paseo dos Namorados, que os levou ata o Concello de Cervo para coñecer as instalacións da fábrica e da antiga Casa da Administración de Sargadelos e percorrer o Paseo dos Namorados, así como as rúas da localidade de San Cibrao.

A través do programa KM0 centos de lucenses redescobren cada semana a riqueza que ofrece a provincia. Esta semana, máis de 300 persoas pertencentes a seis colectivos da provincia terán a oportunidade de comprobar a importancia que o patrimonio histórico- artístico, a industria e a pesca teñen dende hai séculos e que contribuíron a poñer a nosa provincia no mapa.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova