Imprimir

O CONCELLO CONCEDE AXUDAS A DIVERSAS ONGDS POR VALOR DE 90.000 EUROS PARA PROXECTOS DE SENSIBILIZACIÓN E COOPERACIÓN


25/10/2011

O Concello de Lugo adxudicou axudas para a creación de proxectos de sensibilización social e para a cooperación ao desenvolvemento a ONGDs por un importe total de 90.000 euros.

Estas axudas divídense en dous grupos segundo a súa finalidade, así para os proxectos de sensibilización social 2011 concedéronse un total de 19.449,74 euros que se distribuíron da seguinte maneira:

- A Cova da Terra polo proxecto Lugoredeado para o fortalecemento do voluntariado de cooperación na cidade de Lugo, unha cantidade de 4.854,98 euros.
- Amigos da Terra de Galicia-Xuventude para o proxecto Golfo de Fonseca: a loita por un futuro sostible, unha cantidade de 2.100 euros.
- Asociación ONG Viraventos para o proxecto Xeración Intercultural que estuda a situación da xuventude nos países con maior índice migratorio cara Galicia dende a África Subsahariana, a cantidade de 3.689,78 euros.
- Farmacéuticos Mundi para o proxecto sobre o acceso aos medicamentos nos países en vías de desenvolvemento, cunha cantidade de 4.854,98 euros.
- Fundación Meniños para o proxecto Responsable e solidaria con actuacións de promoción do bo trato á infancia no medio escolar, familiar e social, cunha cuantía de 2.000 euros.
- Solidariedade Internacional de Galicia para o proxecto Irene no Sahara, cunha cantidade de 2.000 euros.

No caso da adxudicación para ONGDs que desenvolven proxectos de cooperación a desenvolvemento concedéronse axudas cun total de 70.499,87 euros que se distribuíron da seguinte maneira:

- Asociación Colaboración y Esfuerzo (ACOES) pola construción de 2 aulas escolares para nenos e nenas en zona de alto risco na escola Virxe de Suyapa en Tegucigalpa (Honduras) concedéuselle a cantidade de 17.747,55 euros.
- Asociación de Enxeñeiros sen Fronteiras de Galicia pola construción de sistemas de rego na microcunca Quebrada Gallardo do municipio de Manasigüe (Honduras) atribuíselles unha cantidade de 8.014,41 euros.
- ONG Axunica pola mellora do sistema de abastecemento de auga potable de Tepalón, unha cantidade de 6.307 euros.
- Fundación para el Desarrollo de la Enfermería (Fuden) polo apoio á formación de comadroas para o programa de saúde reprodutiva de Guinea Ecuatorial, a cantidade de 5.367,27 euros.
- Fundación Pueblo para Pueblo pola formación de catro futuras docentes de primaria na escola de formación de profesores de Cabo Delgado (Mozambique) concédeselles 3.500 euros.
- Fundación taller de Solidaridad pola construción dun local e equipamento dun taller para mulleres en Mandaluyong (Filipinas) asígnaselles unha cantidade de 22.032,68 euros.
- Asociación de solidaridad con los trabajadores de los países empobrecidos (Sotermun) pola mellora das prestacións na saúde materno-infantil a través da ampliación das infraestruturas do centro de saúde de Aneho (Togo), concédeselles a cantidade de 7.529,77 euros.

Máis información