Cargando....
Concello de Lugo
25/11/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Nova iniciativa do Concello de Lugo en apoio dos emprendedores


# Mércores, 26/10/2011
A Concellería de Economía vai rebaixar as tarifas polo uso das instalacións do CEI nas que operan 16 empresas con 37 postos de traballo

Amplíase a catro anos o prazo máximo de estadía no viveiro municipal de empresas e redúcese á metade o prezo nos dous primeiros anos

O Concello de Lugo redobra os seus esforzos en apoio dos emprendedores con dúas medidas que lles facilitarán máis aínda o uso das instalacións do CEI como viveiro de empresas.

A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, vén de anunciar os dous novos incentivos que consistirán na ampliación do prazo máximo de estadía no viveiro municipal de empresas, que pasa de 3 a 4 anos, e a redución das tarifas nos primeiros anos de ocupación das instalacións que ofrece o Concello ós emprendedores para sacar adiante unha nova empresa nos seus primeiros anos de vida. Deste xeito, os emprendedores que ocupen dependencias no viveiro municipal de empresas verán reducido á metade o prezo actual nos dous primeiros anos e nos últimos as tarifas iranse achegando ó prezo de mercado.

Sonia Méndez considera que “as administracións están obrigadas a facer esforzos para a creación de emprego e, neste momento máis que nunca, a creación de emprego pasa polos emprendedores”. A Concelleira de Economía afirma que ”o Concello mantén o seu compromiso de dar facilidades para a creación de emprego en Lugo, por elo volvemos tomar a iniciativa e acordamos novas medidas para axudar a todas as persoas que queiran poñer en marcha ou desenvolver proxectos empresariais na nosa cidade”.

Nas instalacións do CEI-Nodus que lles ofrece o Concello de Lugo ós emprendedores traballan actualmente 16 empresas coas que se logrou crear 37 postos de traballo.

Novas tarifas do viveiro municipal de empresas

Concretamente, durante o primeiro ano a ocupación de despachos pasará de ter unha tarifa de 3,07 euros por metro cadrado a 1,21 euros e os obradoiros pasarán de 1,96 a 0,78 euros. O segundo ano a tarifa dos despachos será de 4,09 euros por metro cadrado a 2,43 e os obradoiros de 2,62 euros a 1,56. No terceiro ano, polo uso dun despacho deberanse aboar 3,64 euros por metro no lugar dos 4,85 actuais e a tarifa por usar un obradoiro vai pasar de 3,11 euros/metro a 2,33. E no cuarto ano, o prezo será de 4,85 euros/metro para os despachos e de 3,11/metro para os obradoiros.

cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova