Imprimir

VISITA Ó CONCELLO DE LUGO DO DELEGADO E OS CATRO SUBDELEGADOS DO GOBERNO EN GALICIA


26/10/2011

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe no seu despacho ó novo Delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Pose Mesura, e máis ós catro Subdelegados do Goberno nas provincias galegas.

Na visita ó Concello, que tivo lugar a última hora da mañá, participaron xunto a Pose Mesura, o Subdelegado do Goberno na provincia de Lugo, José Vázquez Portomeñe, o novo Subdelegado da provincia da Coruña, José Luis Ucieda Somoza, e máis os subdelegados nas provincias de Ourense, Camilo Isaac Ocampo Gómez e de Pontevedra, Delfín Fernández Álvarez.