Cargando....
Concello de Lugo
29/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta reduce un 74% as subvención para o programa de Axuda no Fogar que se desenvolve no Concello de Lugo


# Mércores, 26/10/2011
Segundo Ana G. Abelleira a “Xunta engana aos cidadáns xa que non se preocupa dos servizos sociais nin da creación e mantemento de emprego como anuncian”

Imaxe Asociada
Basadre salientou que por parte do Concello seguiremos axudando aos veciños.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, denunciaron a redución de case un 60% na inversión que está a facer a Xunta de Galicia nos servizos sociais.

Ana González Abelleira explicou que “quedaban varias subvencións por resolver para o 2011, entre elas a do Plan Concertado, que para sorpresa nosa e en contra das bases publicadas no DOG nas que se asegura que se van manter e renovar as mesmas axudas do 2010, encontrámonos con que nas resolucións publicadas onte non se respetan as cuantías que prometeran”. Estas axudas están orientadas para o mantemento dos programas básicos, todos eles competencia da administración autonómica, como axuda no fogar, centros de día ou escolas infantís.

Ante esta situación, a Concellería de Servizos Sociais, incidiu en que “as subvencións pendentes de resolver eran para o programa de axuda no fogar para as persoas que acceden por libre concorrencia e do que faltaba por abonar preto de 400.000 mil euros por parte da Xunta, a sorpresa foi que só se concederon 72.000 euros.”

Ambas concelleiras puxeron de manifesto as cifras que demostran a “que a Xunta engana aos cidadáns xa que non se cansan de dicir que non se levan a cabo reducións en materia de servizos sociais e non é así” matizou Basadre. No ano 2011, o Concello de Lugo solicitou axudas para diferentes programas que se levan a cabo dende a área de Benestar Social, así para Axuda no Fogar solicitáronse 535.555 euros e a Xunta concedeu 72.335, 53 euros. Polo tanto, redúcese nun 74% con respeto á cantidade de 283.604 euros que concederon no 2010 para un programa no que o Concello de Lugo inviste 600.000 euros anuais.

Outra redución preséntase en materia de persoal que atenden a estes servizos e polos que o Concello solicitou 736.142 euros e concedéronse 288.380 euros, case un 4% menos que no 2010, ano no que se concederon 300.000 euros. Para González Abelleira esto significa que “a Xunta nin se preocupa dos servizos sociais nin da creación de postos de traballo” ao reducirse a cantidade para poder contratar persoas para manter ditos servizos. No caso dos centros de día e das escolas infantís non concederon ningún tipo de axuda.

As axudas totais que ten solicitado o Concello de Lugo en materia de servizos sociais para o ano 2011 preto de 3 millóns de euros, dos que só concederon 1.203.000 euros, unha cantidade que non é suficiente para cubrir unhas necesidades que son competencia da Xunta de Galicia.

Por outra parte a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre indicou que estas medidas que toma a Xunta “significa que o Concello ten que facer todos os esforzos, nunha materia que non é competencia súa, se non queremos que os nosos maiores, discapacitados ou persoas que requiran deste programa se atopen totalmente desamparadas e sen medios para ter unha vida axeitada no seu fogar”.

No mesmo sentido, Basadre, destacou que “este é un paso atrás moi importante e chamo a atención a toda a cidadanía porque estamos retrocedendo nos servizos esenciais cara as persoas xa que non podemos volver á caridade” senón que son dereitos adquiridos polos que hai que loitar e concluíu manifestando que “dende logo por parte do Concello de Lugo os veciños e veciñas non van quedar sen recibir a axuda a domicilio”



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova