Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Constituída a Comisión técnica que fará a memoria sobre a xestión do ciclo da auga


# Xoves, 27/10/2011
O Goberno local aposta pola creación dunha empresa mixta con maioría de capital municipal para dar o mellor servizo ós lucenses e coa máxima calidade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde anunciou que se fará un plan de emprego para os traballadores do actual servizo municipal de auga

O Alcalde, José López Orozco, presidiu hoxe a reunión na que se constituíu a Comisión técnica que se encargará de facer a memoria sobre a xestión do ciclo da auga. A sesión de constitución tivo lugar este mediodía no salón de plenos da Casa do Concello.

O Alcalde explicou que esta iniciativa ponse en marcha “para prestarlle o mellor servizo ós lucenses e coa máxima calidade, logo dos importantes investimentos que levamos feitos nas estacións Potabilizadora e Depuradora, coas que melloramos tanto a calidade da auga que consumimos como a da auga que lle devolvemos ó río”.

López Orozco anunciou que a proposta do Goberno local vai ser a creación dunha empresa mixta con maioría de capital municipal, a mesma fórmula que xa funciona con éxito noutros concellos, e expresou a súa confianza en que “cando acaben os traballos desta Comisión, será a proposta do conxunto da Corporación”.

“Coñecemos o funcionamento destas empresas noutros lugares e podo dicirlles que é moi bo e o meu obxectivo é darlle un bo servizo ós cidadáns”, dixo o Alcalde quen explicou que “o Concello ten o ánimo de modernizar o servizo que se lles dá ós veciños, polo que quere ser partícipe dunha empresa mixta con maioría de capital municipal, unha fórmula que permite a lei de Contratos do Estado”.

O Alcalde tamén anunciou que a Comisión tratará do futuro dos traballadores do actual servizo municipal de augas. “Haberá que facer un plan de emprego para os actuais traballadores do Concello que están no servizo de augas”, sinalou López Orozco, pero xa adiantou que só pasarán á empresa os que queiran facelo voluntariamente e os que non opten por esa opción serán recolocados noutros departamentos do Concello.

López Orozco manifestou asimesmo que a intención do Goberno local é darlle toda a celeridade posible ós traballos da Comisión, para que poidan aprobarse no Pleno que celebrará a Corporación o día 12 de decembro.

A Comisión técnica para a elaboración da memoria da iniciativa do Concello na actividade económica relacionada coa xestión do ciclo da auga, que preside o Alcalde, está formada polos concelleiros de Economía, Medio Ambiente e Infraestruturas, representantes dos grupos políticos do Concello e por técnicos dos servizos municipais de Medio Ambiente, Enxeñería, Intervención, Contratación, Asesoría Xurídica, Persoal e Electromecánicos.

O Alcalde anunciou que a Comisión organizase en catro grupos de traballo: social-demográfico, xurídico, económico-técnico e de supervisión legal.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova