Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Manuel Chaín participa na constitución do Órgano de Participación da reserva Terras do Miño


# Xoves, 27/10/2011


Imaxe Asociada
O Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín, participou, en representación do Alcalde de Lugo, na asemblea na que quedou constituído o Órgano de Participación da reserva Terras do Miño que mantivo o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, cos alcaldes dos concellos que entran dentro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares.

A entidade provincial anunciou que abrirá a xestión destas reservas ao concellos correspondentes para que pasen a ter voz na toma de decisións sobre as accións de conservación e desenvolvemento relacionadas con estes espazos naturais. Esta novidades ven motivada pola constitución de sendos órganos reitores nos que estarán representadas as propias Administracións locais e organizacións sociais e profesionais: agrarias, de montes, turismo rural, ecoloxistas e de defensa do patrimonio, entre outras

Na asemblea celebrada hoxe participaron tódolos Alcaldes dos 26 municipios incluídos en Terras do Miño, excepto os de Friol e Castro de Rei, que declinaron a invitación, e os de Baralla, Begonte, Outeiro de Rei, Xermade, Ourol, O Páramo, Guntín, A Pastoriza e Mondoñedo, que tiñan confirmada a súa asistencia pero finalmente non acudiron.

Lugo concentra a maioría das Reservas da Biosfera recoñecidas en Galicia, ó contar con tres dos cinco espazos naturais que a UNESCO declarou na comunidade autónoma: Terras do Miño, Os Ancares, e Río Eo-Oscos-Terras de Burón. A Reserva da Biosfera Terras do Miño foi a primeira que a UNESCO declarou en Galicia, no ano 2002, e a máis grande da comunidade autónoma e a segunda de toda a Península Ibérica. Ocupa 363.668 hectáreas, o que supón o 39% do territorio da provincia. Na Reserva está incluídos 26 concellos da Cunca Alta do Miño, pertencentes á súa vez a 7 comarcas lucenses: Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova