Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao e Francisco Fraga presentaron as actividades que se celebran no Cemiterio con motivo do Día de Defuntos


# Venres, 28/10/2011
Reforzaranse as liñas de autobuses urbáns entre as 9 e as 19 horas, con saídas cada 20 minutos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O segundo tenente de Alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, informaron sobre as actividades das que poderán presenciar os lucenses que se acheguen durante a próxima semana ao Cemiterio Municipal de San Froilán.

Francisco Fraga explicou que “o día 1 de novembro haberá actuacións do grupo de música clásica STRANIKI, en horario de 12 a 13 e de l7 a 18. O día 2 realizarase a tradicional ofrenda floral ás 12:00 na fonte da vía principal, coa actuación do mesmo grupo de música clásica e o día 3 organízase un acto en homenaxe a todas e todos os defuntos que xacen neste cemiterio municipal”. Esta actividade iníciase ás 18:30 horas e nas que ademais se colocará unha Placa-homenaxe no recinto do Cemiterio. Esa mesma tarde actuará o conxunto vocal LUGH para dar paso a un recital poético e a entrega dos premios do Concurso de Adobíos Florais.

Así, dende o día 28 de outubro ata o 1 de novembro, ambos inclusive, o recinto de cemiterio permanecerá aberto, en horario continuado, de 10 a 19 horas.

‘En galego, con todo o agarimo’, verbas para promocionar o uso do galego nos camposantos

Este ano o galego centrará boa parte dos actos organizados con motivo do día de Defuntos. A concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua deseñou, coincidindo con esta celebración, varias iniciativas para promocionar o uso do galego nos cemiterios e en todos aqueles actos de homenaxe aos mortos. Con este obxectivo, este ano haberá un recital poético en galego e o descubrimento dunha placa de homenaxe no cemiterio municipal de San Froilán para agradecer a contribución na pervivencia da nosa lingua de todas as persoas, tanto anónimas como destacadas, enterradas neste cemiterio.

A placa, que será colocada na parte central do camposanto, inclúe o texto “Na memoria das persoas que aquí xacen. Grazas a elas seguen vivas a lingua e a cultura do noso país” e é unha iniciativa xurdida en colaboración coa Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, que persegue a regularización do uso normal do galego en todas as facetas da vida. No cemiterio de San Froilán están enterrados destacados persoeiros e escritores galegos, entre eles Uxío Novoneyra, Anxel Fole ou Luís Pimentel, lembrou o tenente alcalde, Antón Bao, esta mañá na presentación desta iniciativa.

A colocación desta placa únese á distribución estes días nas florerías de Lugo de 4.000 tarxetas cun poema de Lois Pereiro coas que o Concello busca incrementar o uso do galego en todo canto ten que ver cos enterros, lápidas, esquelas, actos de lembranza dos defuntos e demais. Antón Bao chamou hoxe de novo a atención sobre o feito de que “unha persoa que viviu toda a súa vida en galego sexa enterrada en castelán”.

Horario de autobuses

Francisco Fraga tamén informou que durante o día 1 de novembro, Día de Santos, vaise reforzar o servizo de transporte urbán ao cemiterio. Desta maneira, dende as 09:00 ata as 19:00 horas, haberá 2 autobuses con saída dende a Ronda da Muralla (enfronte edificios Sindicatos), proseguindo pola Rúa Santiago, Ponte Romano,estrada vella de Santiago e Cemiterio, a volta é polo mesmo recorrido. Estes autobuses saíran cada 20 minutos.

Coñeza o Cemiterio Municipal San Froilán

http://www.lugo.es/ws/transportes

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova