O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto con outros membros da Corporación Municipal, realizaron a tradicional ofrenda floral con motivo do día de Defuntos, celebrada as 12.00 horas na fonte da vía principal do Cemiterio de San Froilán.
No acto de homenaxe e lembranza aos defuntos, que contou coa actuación do grupo de música clásica Straniki.
Recital Poético
Dende a Concellería de Servizos Xerais e de Cultura, e con motivo dos actos da Festividade de Santos, o Cemiterio Municipal acollerá mañá xoves, día 3 de novembro, a celebración dun recital poético.
A partires das 18.30 horas, organízase un acto en homenaxe a todas e todos os defuntos que xacen neste cemiterio municipal. Esta actividade colocarase unha Placa-homenaxe no recinto do Cemiterio, coa actuación do conxunto vocal LUGH para dar paso a un recital poético e a entrega dos premios do Concurso de Adobíos Florais.