Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Avenida da Coruña estará dende hoxe ata o sábado cortada ao tráfico no tramo comprendido entre Paulo Fabio Máximo e a rúa Carabel por mor das obras de renovación do firme


# Mércores, 02/11/2011


Só estará permitida a circulación para os buses urbanos e os veciños que residan na zona, para o resto de vehículos haberá desvíos convenientemente sinalizados

O prazo de execución da totalidade da obra, que conta cun orzamento de 221.000 euros, é de 3 meses e afectará a diferentes tramos da Avenida da Coruña, desde Garabolos ata a Rúa Perpetuo

Os traballos de repavimentación na Avenida da Coruña comezarán este mércores. As obras comezarán polo tramo que vai dende a intersección coa Avenida Paulo Fabio Máximo ata a Rúa Carabel, o que obrigará a cortar a circulación neste tramo. Non estará permitido o tráfico ata cando menos o sábado día 5 no tramo sinalado, agás para os buses urbanos e os veciños, estando sinalizados os desvíos pertinentes. O prazo de execución da totalidade das obras é de 3 meses, e afectará a diferentes tramos da Avenida da Coruña, desde Paulo Fabio Máximo ata a Rúa Perpetuo Socorro, que se irán cortando paulatinamente a medida que avancen as obras.

A Avda. da Coruña soporta diariamente unha importante intensidade de tráfico, que incidiu de diferente forma nos distintos tramos. A zona máis deteriorada a nivel de pavimento de calzada sitúase dende a intersección con Perpetuo Socorro ata a intersección coa Avda Paulo Fabio Máximo, con tramos intermedios en bo estado.

Este mércores acometerase a renovación dun primeiro tramo, exactamente o que vai desde a intersección coa Avenida Paulo Fabio Máximo ata a intersección coa Rúa Caravel. As previsións da empresa adxudicataria é que os dous primeiros días fresen o asfalto deteriorado para o venres acometer o novo asfaltado. A intención, sempre que as circunstancias meteorolóxicas o permitan, é que a fin de semana volva a normalidade do tráfico no citado tramo.

Minimizar as molestias aos veciños

Segundo avancen as obras iranse abrindo os tramos renovados e pechando aqueles nos que se traballe, coa finalidade de que as molestias ás usuarios e veciños desta vía sexan os menos posibles. A concelleira delegada da área de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira, adiantou que desde a concellería que ela dirixe terase especial preocupación por que as obras que se realicen as molestias aos veciños sexan mínimas. Procurarase que os veciños conten coa maior información previa posible coa finalidade de poder planificar itinerarios alternativos aos habituais de ser necesario, polo que ademais de informar polos medios de comunicación a web da Concellería manterá información sobre os diferentes cortes.

Os traballos consistirán no fresado e renovación do firme, repóndose a capa de rodadura nos tramos afectados mediante mezcla bituminosa en quente cun espesor medio de 7 cm. O prazo de execución desta obra é de tres meses e o orzamento de 221.066,20 euros.

Esta obra forma parte dun convenio asinado coa Deputación Provincial no marco dunha serie de actuacións que está levando a cabo o Concello para renovar o pavimento daquelas avenidas deterioradas polo desgaste e a antigüidade. O investimento total para estes traballos é de 500.000, que son aportados mediante un convenio coa Deputación Provincial, e estase a actuar en tres dos principais viais da cidade (Avenida da Coruña, Ronda de Fingoi e Avenida Paulo Fabio Máximo).

As obras xa remataron na Ronda de Fingoi e na Avenida Paulo Fabio Máximo

Paz Abraira informou tamén de que as obras de renovación do firme na Avenida Paulo Fabio Máximo no tramo máis próximo á Avenida Duquesa de Lugo xa están rematadas. Neste caso as obras consistiron na renovación completa no firme dos catro catrís da avenida no tramo máis próximo á Avenida Duquesa de Lugo. O resto da vía xa foi renovada aproveitando as obras de urbanización acometidas nas parcelas próximas destinadas á construción de vivendas públicas. O tramo no que se actuou agora comprende uns 200 metros. O orzamento total é de 44.000 euros.

No caso da Ronda de Fingoi, cuxas obras remataron esta semana, os traballos consistiron tamén no fresado e renovación do firme nos dous carrís da marxe dereita en sentido descendente, dende o cruce coa Rúa Armórica ata Pintor Corredoira. O orzamento desta obra é de 235.000 euros. No outro sentido de circulación o pavimento foi renovado recentemente.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova