Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Visita da Escola Politécnica ao CEI-Nodus


# Mércores, 02/11/2011
20 alumnos da Escola Politécnica en Xeomática e Topografía visitaron este mércores o CEI-NODUS

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A visita está encadrada dentro do programa de xornadas de motivación empresarial que se están a  desenvolver no Campus de Lugo organizadas pola Unidade de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC en colaboración co Concello de Lugo.
A finalidade desta iniciativa é a de difundir como se xeran as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura do emprendedor, amosando a través de experiencias persoais de emprendedores galegos, que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.  
Nestas xornadas os participantes asisten a un seminario no cal se abordan tres temáticas diferentes: a figura do emprendedor, a idea do negocio e a posta en marcha da empresa. Móstranse ademais unha serie de instrumentos e recursos que están dispoñibles para os emprendedores e que supoñen unha importante axuda para acadar o éxito nos seus proxectos de empresa. Ao longo de todo o Seminario se expoñen casos reais de emprendedores que desenvolveron un proxecto empresarial en Galicia, no que se abordan aspectos como o historial do emprendedor, os recursos dos que dispoñía, a orixe da súa idea empresarial, as motivacións que lle levaron a desenvolver o seu proxecto, as dificultades que tivo que superar e as ameazas que se avistan no seu sector ou mercado, así como os factores aos que se pode atribuír o éxito da súa empresa. Unha vez rematado o seminario os alumnos realizan unha visita guiada polo centro para coñecer as instalacións postas polo Concello de Lugo á disposición dos emprendedores.

cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova