Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá ábrese o prazo para solicitar praza na nova edición do programa LugoQualitas de prácticas laborais en Europa


# Xoves, 03/11/2011
Este ano os participantes poden escoller entre 13 prazas para Florencia, 12 para Belfast ou 5 para Hamburgo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, anunciou que a partir de mañá venres 4 de novembro, todos aqueles interesados poderán solicitar unha das 30 prazas que se ofrecen na nova edición do programa europeo de formación Lugoqualitas. O prazo estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2012.

Este ano convócanse 30 becas para 13 estancias en Florencia (Italia), 12 para estancias en Belfast (Reino Unido) e 5 en Hamburgo (Alemania). As estancias durarán 12 semanas, das cales as 3 primeiras estarán dedicadas a un curso intensivo da lingua do país e as 9 restantes á realización de prácticas en empresas dos sectores nos que os participantes realizaran os seus estudos.

As becas para a realización de prácticas, baseándose nas condicións establecidas polo Programa Leonardo da Vinci, consistirán en costes de viaxe, desprazamentos ata o lugar de destino, seguro de asistencia en viaxe, costes de preparación lingüística, tutorización das prácticas nas empresas, búsqueda das empresas onde se realizarán as prácticas, xestión dos certificados oficiais e unha dotación económica de 400 euros mensuais. As bases da convocatoria estarán dispoñibles nas webs www.lugo.es/espazolab e www.lugo.es/europedirect .

Esther Muñóz salientou que “esto é importantisimo porque a parte de dar unha experiencia social e cultural, é unha experiencia profesional moi válida para o curriculum e a inserción laboral destas persoas”. A Concelleira de Educación lembrou que dos 30 participantes da pasada edición, 14 están insertados laboralmente, 2 están participando en programas internacionais con ONG, 4 optaron por seguir formándose e están facendo diferentes másters e o resto seguen en contacto con programas internacionais.


Programa Lugoqualitas
Lugoquálitas 2, é un proxecto do Concello de Lugo, pertencente ao programa Leonardo da Vinci de aprendizaxe permanente, que ten como obxectivo que recén titulados universitarios e de formación profesional realicen prácticas en empresas de Alemaña, Italia e Reino Unido, co que poderán coñecer os métodos e formas de traballo das empresas en Europa, ademais de mellorar as súas capacidades de cara á integración plena no mercado de traballo.

O obxectivo é permitir que mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, que acaban de rematar os estudos universitarios ou de Formación Profesional en Lugo, continúen o seu itinerario formativo a través da realización de prácticas profesionais en empresas europeas. Para máis información pódense dirixir ao Centro de Orientación Laboral Espazo Lab do Concello de Lugo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova