Imprimir

CARMEN BASADRE RECIBE A MEMBROS DA ONG TALLER DE SOLIDARIDAD QUE REALIZAN PROXECTOS EN FILIPINAS


3/11/2011

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Concelleira de Servizos Sociais, Ana G. Abelleira, recibiron a varios membros, dúas delas procedentes de Filipinas, da ONG Fundación Taller de Solidaridad.

Carmen Basadre incidiu na importancia que ten “apoiar proxectos para a igualdade e saber que realmente esta organización traballa materializando todas aquelas necesidades sociais.” A Concelleira fixo referencia ao un dos proxectos, ao cal o Concello de Lugo lle concedeu unha axuda de máis de 22.000 euros, para a ampliación dun local que teñen en Manila para dar emprego e formación a mulleres sen recursos. Actualmente hai unhas 200 mulleres traballando en seis talleres diferentes que realizan dende traballos textís ata procesamento de alimento, produtos que se poden atopar en Galicia nas diferentes tendas de Comercio Xusto.