Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello realiza con éxito un simulacro de incendios enmarcado no plan de emerxencias


# Xoves, 03/11/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello de Lugo levou a cabo durante a mañá de hoxe un simulacro de incendio que poñía punto e final a unha serie de actividades que se realizaron nestas semanas con motivo do plan de emerxecias da entidade.

Desta maneira, os 165 traballadores do Edificio Administrativo do Seminario, participaron na evacuación total do edificio, unha actividade que se realiza unha vez ao ano. A súa vez tamén se elaborou un Plan de Autoproteción do edificio que evalúas as características do mesmo, e valora os riscos colectivos que puideran afectar aos usuarios ademais de definir as medidas que se deben adoptar ante unha emerxencia, como pode ser manexar un extintor ou as normas a seguir para unha rápida evacuación.

Esta iniciativa non supuxo ningún desenmbolso para as arcas municipais xa que no seu desenvolvemento colaboraron distintos servizos municipais dende a área de Recusos Humáns e Proteción da Comunidade, a área de Economía ou a de Sercizos Xerais.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova