Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentación en Lugo do libro de Carlos Callón "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos"


# Xoves, 03/11/2011
O libro de Carlos Callón sobre os dereitos lingüísticos foi presentado hoxe en Lugo nun acto que tivo lugar no Centro Social Uxío Novoneyra

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Na presentación participaron ademais do propio autor, o tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, e Carlos Bello como representante da Mesa Pola Normalización Lingüística en Lugo

O libro está editado por Xerais e constitúe unha guía práctica de como actuar diante de vulneracións ao dereito de usar o galego en todos os ámbitos


En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, o autor, Carlos Callón, propón que os cidadáns protagonicen o día a día na revitalización do idioma galego a través de pequenas accións, todas concretas e realizábeis.

Porque, tal e como el di, "os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións". A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos é a maior esperanza para superar a difícil situación actual da lingua, e isto centra o compromiso individual como protagonista para garantir a pervivencia do galego.

Por ese motivo, o autor ofrece unha guía de conduta para "vivir en galego", para o que chama a un "consumo responsábel" do idioma do país e fai un repaso moi claro por sectores dos dereitos lingüísticos que teñen recoñecidos os cidadáns da comunidade autónoma.

Como afirma Carlos Callón nas Instrucións de uso, o capítulo que abre o libro: "Queren cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo. Mais a desaparición ou recuperación dunha lingua nunca é un proceso espontáneo. Podemos intervir e rectificar a situación actual".

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova