Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aparecen restos do lenzo orixinal da Muralla no Cantiño


# Venres, 04/11/2011
Foron localizados grazas ás obras de remodelación na praza do Cantiño que se levan a cabo grazas ó Plan Urban

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

As obras de remodelación na praza do Cantiño axudaron a descubrir como era orixinariamente o lenzo interior da Muralla nesa zona. Os Concelleiros de Economía, Sonia Méndez, e de Urbanismo, Luis Álvarez, visitaron esta mañá os restos que se acaban de atopar e que se corresponden coa aliñación orixinal do interior da Muralla nesa zona, segundo explicaron a xefa do servizo municipal de Arqueoloxía, Covadonga Carreño, e o arqueólogo da empresa que executa as obras, Francisco Javier Chao.

A xefa de Arqueoloxía do Concello destacou a importancia deste achádego xa que, lembrou, a Muralla de Lugo “é un monumento catalogado como ben de interese cultural e como Patrimonio Mundial”. Tamén manifestou que os restos atopados “hai que integralos e deixalos visibles”. Covadonga Carreño explicou que o achádego produciuse ó rebaixar a terra nos controis arqueolóxicos efectuados e sinalou que xa lle foi comunicado a Patrimonio da Xunta de Galicia. De feito, os técnicos do Concello e de Patrimonio acordaron facer un proxecto complementario para integrar os restos arqueolóxicos descubertos na actuación de remodelación da praza do Cantiño, un proxecto que financia o Plan Urban e que comezou hai unhas semanas, manifestou a responsable de Arqueoloxía do Concello de Lugo.

Pola súa parte, Francisco Javier Chao sinalou que o achádego permite documentar o lenzo interior orixinal da Muralla, no seu desenrolo vertical, que nesa zona está retranqueada aproximadamente en medio metro. Os arqueólogos cren que ese retranqueo posiblemente se fixo no século XIX ben para gañar espazo ou ben porque se produciu un desprendemento na Muralla. Onde si se conservou o lenzo orixinal do monumento é na zona na que se pegou, a finais do século XVIII a escaleira de acceso ó monumento romano desde a praza do Cantiño.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova