Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Rematado o primeiro tramo de asfaltado da Avenida da Coruña


# Venres, 04/11/2011
Hoxe venres 4 rematou o primeiro tramo de renovación do firme da Avda. da Coruña: a intersección coa Avenida Paulo Fabio Máximo ata a Rúa Carabel.

Abrase o tráfico no citado tramo e comeza a segunda fase de renovación, que vai desde a intersección coa Rúa Reiseñor ata a Rúa Ferreiriño.

As previsións da empresa adxudicataria é que entre o mércores e o xoves da semana que ven se normalice o tráfico no tramo afectado pola segunda fase.

Hoxe venres rematouse a fase de asfaltado do primeiro tramo da obra de renovación do firme da Avenida da Coruña, exactamente o que vai desde a intersección coa Avenida Paulo Fabio Máximo ata a intersección coa Rúa Caravel. Nestes momentos estase a recolocar os rexistros e sumidoiros, aínda que o tráfico non se verá afectado por estes traballos. O pintado da rúa farase a continuación, sen afectar ao tráfico da zona.

Así mesmo, hoxe comezase a traballar na segunda fase, que vai desde a intersección coa Rúa Reiseñor ata a Rúa Ferreiriño. O tráfico de acceso á cidade permanecerá aberto. En canto o sentido saída da cidade terán soamente acceso os residentes e o transporte urbano, sendo sinalados diferentes desvíos.

Segundo avancen as obras iranse abrindo os tramos renovados e pechando aqueles nos que se traballe, coa finalidade de que as molestias ás usuarios e veciños desta vía sexan os menos posibles. Ademais de informar polos medios de comunicación a web da Concellería manterá información sobre os diferentes cortes, polo que a web do concello (http://www.lugo.es) habilitou un banner específico para as obras en marcha na cidade.

Consultar todos os proxectos en execución.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova