Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo ata o 9 de decembro para os comerciantes que queiran inscribirse e participar na segunda edición da Noite Aberta


# Luns, 07/11/2011


Imaxe Asociada
Carmen Basadre e Nora Real destacaron a importancia desta actividade para a dinamización do pequeno comercio lucense

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, o Deputado do Coñecemento, Innovación e Emprendedores, José Ramón Val Alonso, e a Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo, Nora Real, informaron hoxe que se abre o prazo para inscribirse na segunda edición da Noite Aberta. Os comerciantes interesados en participar nesta acción poden inscribirse na Federación de Comercio ata o venres 9 de decembro e así formar parte do circuíto de actividades da Noite Aberta.

Carmen Basadre destacou que “co apoio de todos os lucenses, do Concello e da Deputación a través da Fundación Tic, vaise organizar por segundo ano a Noite Aberta coa que pretendemos impulsar a nosa cidade e ao pequeno comercio de Lugo.” Dende o Concello de Lugo trabállase para que esta actividade axude a dinamizar a cidade e a que o pequeno comercio lucenses sexa máis coñecido. Son as iniciativas que cremos que se deben apoiar e que en estes momentos é moi necesario fomentar para aumentar o movemento da cidade.

Esta actividade que o ano pasado tivo unha gran acollida vai ter lugar o venres 16 de decembro e consiste en que os comercios que se sumen á iniciativa estarán abertos ata as doce da noite ofrecendo múltiples atractivos para quenes os visiten. Nora Real avanzou que durante esa noite vai a haber numerosas sorpresas que serán de agrado para o lucenses que visiten os comercios adheridos á idea, como poden ser servizos de catering, descontos, desfiles de moda e espectáculos de animación e música que percorrerán os establecementos participantes. Tamén destacou que “vai ser unha noite diferente para os lucenses xa que primará a moda e o glamour.”

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova