Imprimir

LÓPEZ OROZCO PARTICIPA NA ENTREGA DE PREMIOS DA APEC


7/11/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá xunto coa Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, na entrega de premios en materia de seguridade laboral que organiza a Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC).

Na súa intervención, López Orozco, felicitou aos premiados e quixo destacar que “este sector sempre terá as portas abertas no Concello xa que tivo e ten un peso moi importante no desenvolvemento da cidade, pese a quen lle pese e pase o que pase.” O rexedor lucense explicou que neste sector “sempre atopei xente traballadora, xente que quería facer as cousas ben e xente que desenvolveu esta cidade moito e moi ben, como se fai nun país que avanza e sempre dentro das estritas normas legais.”

O Alcalde de Lugo quixo animar a todo o sector nesta época de dificultades e agradeceu o traballo que levan feito pola cidade de Lugo.