Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco presenta o III Premio Nacional Lucus Augusti de Fotografía Profesional


# Martes, 08/11/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Asociación de Fotógrafos de Lugo, Cesar Quijada, presentaron as actividades que se van levar a cabo dentro do III Premios Nacionales Lucus Augusti de Fotografía Profesional 2011. Trátase dun certame de fotografía que se consolida e que é de gran relevancia para a promoción da nosa cidade xa que nel participan fotógrafos de España e Portugal.

López Orozco agradeceu o traballo que a Asociación de Fotógrafos de Lugo leva a cabo para organizar este evento xa que “non é fácil para un grupo de fotógrafos profesionais organizar un acto de tales características e a súa vez, promocionar a nosa cidade”. O Alcalde, destacou que esto é ter espírito de colaboración e xenerosidade coa cidade e salientou que “eu estou moi agradecido do traballo que están facendo para que Lugo durante uns días estee no mapa de todos os afeccionados a fotografía pero tamén de todos os profesionais do sector.”

Cesar Quijada explicou que entorno a este certame establécense unha serie de actividades coas que se pretenden dar a coñecer o traballo que realizan os fotógrafos profesionais en ámbitos máis artísticos. Así, dende o 17 e ata o 24 de novembro estarán en exposición no Museo Provincial as obras nominadas e o día 24 farase a entrega dos premios dos catro apartados: retratos, industrial/publicidade/moda, reportaxe social de boda e libre creación. O mesmo día 24 haberá dúas ponencias nas que os recoñecidos fotógrafos José Benito Ruíz, que traballou para a National Geographic, e o italiano Antonio Fascicolo, especialista en publicidade e moda, explicaran as técnicas que empregan e a súa forma de entender a fotografía.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova