Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha exposición de fotografías da Muralla de Lugo inaugúrase hoxe no Museo do Pobo Galego


# Mércores, 09/11/2011
O fotógrafo Peter Schneider é un dos emprendedores que traballa nas instalacións do CEI-Nodus

O fotógrafo Peter Scheneider inaugura hoxe a súa exposición The Wall-A Muralla no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. As fotografías do monumento romano foron realizadas por Scheneider con motivo do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Peter Scheneider é un dos emprendedores que traballa nas instalacións do CEI-Nodus do Concello de Lugo.

A exposición itinerante das fotografías nas que Scheneider retrata distintos aspectos do monumento romano e da relación dos lucenses con él poderase visitar no Museo do Pobo Galego dende o o día 9 de novembro ata o 11 de decembro.

Peter Scheneider (Fráncfort-Alemaña) coñeceu Galicia como turista en 1983 e acabou fixando a súa residencia en Lugo. Desde 1988 adícase á fotografía e dirixiu cursos e obradoiros de fotografía na Escola de Imaxe e Son de A Coruña e na Fundación CIEC de Betanzos.

CEI-Nodus cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova