Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Rematado o asfaltado do tramo de obras da Avenida da Coruña entre a Rúa Reiseñor e a Rúa Ferreiriño


# Mércores, 09/11/2011
Ábrese o tráfico no citado tramo e comeza a terceira fase de renovación do firme, comprendida entre a rúa Manuel María e Curros Enriquez

Permitirase o tráfico de saída da cidade así como nas interseccións para facilitar o paso dun lado ao outro da Avenida da Coruña

Hoxe mércores rematouse a fase de asfaltado do segundo tramo da obra de renovación do firme da Avenida da Coruña, exactamente o que vai desde a intersección rúa Reiseñor ata a intersección coa Rúa Ferreiriño. Nestes momentos estase a recolocar os rexistros e sumidoiros, aínda que o tráfico non se verá afectado por estes traballos. O pintado da rúa farase a continuación, sen afectar ao tráfico da zona, segundo informou hoxe a concelleira de Infraestruturas, a nacionalista Paz Abraira.

Así mesmo, Paz Abraira informou de que entre mañá xoves e o venres comezarase a terceira fase, que vai desde a intersección coa Rúa Manuel María ata a Rúa Curros Enriquez. O tráfico de saída da cidade permanecerá aberto. En canto o sentido entrada da cidade a zona sufrirá desvios devidamente sinalizados, agás para residentes e bus urbano. As previsións da empresa adxudicataria é que entre o mércores e o xoves da semana que ven se normalice o tráfico no tramo afectado pola terceira fase.

Segundo avancen as obras iranse abrindo os tramos renovados e pechando aqueles nos que se traballe, coa finalidade de que as molestias ás usuarios e veciños desta vía sexan os menos posibles. Ademais de informar polos medios de comunicación a web da Concellería manterá información puntual sobre os diferentes cortes e os desvíos habilitados, polo que a web do Concello (www.lugo.es) ten dispoñible un banner específico para informar das obras en marcha na cidade, tal como adiantou esta mañá a propia Paz Abraira.

Cambios no tráfico na zona da Estación

A concelleira de Infraestruturas tamén informou de que nos próximos días procederase a realizar unha serie de modificacións no tráfico no barrio da Estación. Paz Abraira explicou que se detectaron algúns puntos conflitivos logo da reestruturación levada a cabo neste entorno nos últimos meses, polo que “vanse adoptar as medias oportunas para corrixir esta situación e mellorar tanto a seguridade dos condutores como dos peóns”.

Paz Abraira detallou algúns dos cambios que se van aplicar, por exemplo unha nova regulación semafórica no cruce de Miguel de Cervantes coa rúa Castelao e Conde Fontao para que os tres semáforos non abran ao mesmo tempo. Tamén se colocou un espello na incorporación de Fontiñas á estrada da Fonsagrada para mellorar a visibilidade e estudarase converter Carril dos Indios nun carril de saída da cidade en sentido descendente dende Fontiñas.

A concelleira nacionalista explicou que con estas medidas correctoras mellorarase de xeito notable a reestruturación viaria efectuada neste entorno da cidade e que tivo como finalidade desconxestionar a rúa Miguel de Cervantes e mellorar a fluidez de tráfico no cruce de Montero Ríos con Fontiñas desviando o tráfico de saída da cidade tanto para o novo hospital como para a estrada da Fonsagrada pola rúa Alta, un obxectivo que se logrou coa reestruturación, indicou Paz Abraira.

Coñeza o estado das obras.

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova